A Universidade da Coruña participa na Semana Universitaria da Economía Social 2026

20/02/26 9:47

Unha iniciativa dirixida a achegar o cooperativismo e a economía social á comunidade universitaria.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación da Rede Eusumo, rede impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais para o fomento do cooperativismo e da economía social.

O programa inclúe dúas actividades formativas gratuítas, con inscrición previa e prazas limitadas:

  • Roteiro cooperativo: coñecendo cooperativas da Coruña
    Data: 26 de febreiro de 2026 |  10:00–13:00 h
    Lugar: ESPAZOCOOP – Centro Municipal de Empresas ACCEDE Papagaio, A Coruña

 

  • Charla de sensibilización para o emprendemento cooperativo: “E ti, coñeces a fórmula?”
    Data: 2 de marzo de 2026 |  10:00–13:00 h
    Lugar: Sala de reunións 1, planta -4, ESCI, Campus de Elviña-A Coruña

 

Máis información e inscricións

Publicado por: Emprego