A Universidade da Coruña e a ecuatoriana Universidad Técnica de Machala consolidan a súa colaboración

Nota de prensa

24/04/19 14:28

  • Institucional

A Coruña, 24 de abril de 2019.- Os reitores da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e da Universidad Técnica de Machala, César Quezada, renovaron esta mañá na Reitoría o convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades.

O acordo facilita o acceso de alumnado de Doutoramento para que realice a súa tese na universidade coruñesa. Ao acto de firma de hoxe asistiu tamén Luis Brito, director de Vinculación, Cooperación, Pasantías e Prácticas da universidade ecuatoriana; Pilar García de la Torre, vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da UDC; Carlos Aymerich, secretario Xeral da UDC, e Rodolfo Barreiro, director da Escola Internacional de Doutoramento da UDC.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC