A Universidade da Coruña convoca as Axudas á Investigación UDC 2024

Nota de prensa

1/03/24 13:09

  • Institucional

A Coruña, 1 de marzo de 2024.- A Vicerreitoría de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña acaba de publicar as bases da convocatoria de Axudas á Investigación UDC 2024.

Estas aportacións contan cunha partida orzamentaria de 140.000 euros, que se distribúe da seguinte maneira:

  1. Visitas ou encontros de investigadores: 10.000€
  2. Congresos e xornadas de investigación: 25.000€
  3. Participación en convocatorias internacionais: 5.000€
  4. Estadías posdoutorais de investigación: 90.000€
  5. Compensación de gastos asociados á tramitación de patentes: 5.000€
  6. Apoio á atracción de talento: 5.000€

 

As persoas solicitantes (excepto das axudas de apoio á captación de talento) deberán ser membros activos do PDI da UDC e prestar os seus servizos na UDC no momento de resolverse a convocatoria e tamén durante todo o período de execución da actividade para a que se solicita a axuda. Así mesmo, deberán figurar no Catálogo de Investigación da UDC, agás se actúan en representación dun órgano colexiado, naquelas accións que así o permitan, e terse presentado á convocatoria 2022 de avaliación plurianual dos grupos, unidades e persoal investigador do catálogo da UDC.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 15 de marzo de 2024, excepto para as axudas de Apoio á Atracción de Talento, que se poderán solicitar ata o 28 de xuño de 2024.

Máis información e convocatoria aquí.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC