A Universidade da Coruña abre hoxe o prazo para cubrir as Enquisas de Avaliación Docente

Nota de prensa

22/01/25 14:00

  • Institucional
  • Alumnado e profesorado que queiran participar nas mesmas, poderán facelo ata o vindeiro 19 de febreiro. 
  • Por cada enquisa a UDC doará unha cantidade ao programa ABRIGA, para axudar a que estudantado procedente de zonas en conflito poida continuar a súa formación na nosa universidade.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2025.- A Universidade da Coruña abre hoxe o prazo para que alumnado e profesorado cubran a Enquisa de Avaliación da Actividade Docente (Avaliemos) correspondente ao primeiro cuadrimestre do curso 2024/2025.

A UDC realiza todos os anos estas enquisas ao remate de cada cuadrimestre  para que o alumnado valore a súa experiencia académica en cada unha das materias nas que está matriculado. A análise das respostas permite avaliar e mellorar a calidade do ensino, tanto por parte do propio profesorado, como das comisións de calidade de cada centro.

No caso do profesorado, a súa realización permítelles reflexionar sobre a práctica docente e, no caso de ser necesario, establecer melloras nos seguintes cursos académicos. Ademais, un bo resultado é requisito necesario para que o docentes poidan promocionar na súa carreira profesional.

Para fomentar a participación da comunidade universitaria, a UDC comprométese a doar unha aportación económica por cada enquisa cumprimentada ao programa ABRIGA, un proxecto propio nado no ano 2019 co obxectivo de mellorar a vida do estudantado que procede de zonas de conflito. Así, a universidade ofrece bolsas de estudo coas que se cobren os custos de matrícula e residencia universitaria, no caso de que fose necesaria.

As persoas que desexen participar, poderán facelo ata o día 19 de febreiro a través da seguinte ligazón.

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC