A Universidade Sénior da UDC arranca o novo curso en Betanzos

Nota de prensa

2/09/24 11:12

  • Institucional

 

  • A 6ª edición do seu programa de formación universitaria para maiores terá lugar entre os meses de setembro e outubro no Cine Teatro Alfonsetti

A Coruña, 2 de setembro de 2024.- A Universidade Sénior da UDC inicia o novo curso académico cunha nova edición do programa universitario para persoas maiores de 50 anos en Betanzos. Desde onte, día 1 de setembro, está aberta a inscrición para a sexta edición do Programa de Democratización do Coñecemento “Compartir Experiencias e Coñecementos”, que se vén desenvolvendo no municipio desde 2018, coa colaboración do Concello de Betanzos e a Xunta de Galicia.

 

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña pon en marcha, co financiamento da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello betanceiro, este programa de formación universitaria específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de setembro e outubro de 2024, no Cine Teatro Alfonsetti, na praza Irmáns García Naveira, 24, de Betanzos.

 

A inscrición, que é gratuíta, pode realizarse en liña a través espazo web UDC Sénior Betanzos ou presencialmente a través Departamento de Educación do Concello de Betanzos, ata o 18 de setembro.

 

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas. Todas elas impartidas, en dous días á semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

 

Módulo 1. Arte e Patrimonio

  • 23 de setembro, “O Imaxinario Social da Natureza e os seus Desastres”, a cargo da profesora Elvira Santiago Gómez
  • 24 de setembro, “A Moda a través da Historia” impartida pola profesora Elvira Lezcano González
  • 30 de setembro, “Do Renacemento ao Barroco a través da Arquitectura dos Mosteiros Galegos” da man da profesora Estefanía López Salas
  • Martes, 1 de outubro, en horario por determinar, visita cultural

 

Módulo 2. Ciencia e Tecnoloxía

  • 7 de outubro, “I+D e Innovación en Galicia” a cargo do profesor Alfonso Bravo Juega.
  • 8 de outubro, “Situarse no Mar: O Ceo como Guía” impartida pola da profesora. Alsira Salgado Don.
  • 14 de outubro, “Ciencia con Datos” da man do profesor Salvador Naya Fernández
  • 15 de outubro, en horario por determinar, saída de campo

 

Módulo 3. Saúde e Benestar

  • 21 de outubro, “Factores de Risco da Demencia” impartida polo profesor J. L. Rodríguez-Villamil Fernández.
  • 22 de outubro, “Que é o Edadismo? Reflexionando para acadar unha Sociedade Inclusiva”, da man da profesora Raquel Veiga Seijo
  • 28 de outubro, “Augas termais e Saúde” a cargo da profesora Rosa Meijide Faílde
  • 29 de outubro, en horario por determinar, saída de campo

 

O día 28 de outubro, a partir das 19:15 horas, terá lugar o acto de clausura e a entrega de diplomas aos participantes.

 

Con este programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Betanzos, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como vén facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.

 

Foto: imaxe da 5ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento da Sénior UDC en Betanzos

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC