A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade inaugura a oitava edición do CESIS o próximo 21 de febreiro

4/02/19 12:38

  • Congresos, xornadas, conferencias ... Institucional
A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade inaugura a oitava edición do CESIS o próximo 21 de febreiro

O acto de apertura contará coa participación do coordinador xeral de Cruz Roja Española

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade celebra o próximo 21 de febreiro a inauguración da oitava edición do Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social (CESIS) coa conferencia “O que non se pode facer con diñeiro”, que correrá a cargo do coordinador xeral de Cruz Roja Española, Antoni Bruel.

Durante o acto de apertura, que terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa emprazada no campus de Elviña, o reitor, Xulio Abalde; o presidente do Consello Social, Antonio Abril; a vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social, Araceli Torres; e a directora da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade, Marta Rey, darán a benvida aos 28 alumnos e alumnas da que será a oitava promoción de este curso de posgrao.

Os interesados en asistir a conferencia deberán confirmar a súa asistencia antes do próximo 20 de febreiro enchendo este formulario. Máis información en www.catedrainditexudc.org e a través do teléfono 981 167 000 ext. 4407.