A Universidade da Coruña únese a unha nova edición do programa Santander X Explorer, que mantén aberta a súa convocatoria ata o 2 de decembro de 2025. Trátase dunha iniciativa gratuíta dirixida tanto ao estudantado como a persoas egresadas, que ofrece unha formación pouco habitual na universidade: identificar oportunidades de negocio e transformalas en proxectos viables.
Máis que esixir unha idea previa, Explorer UDC proporciona un proceso formativo estruturado, acompañamento experto e unha comunidade que facilita a xeración e validación de ideas, presentes ou futuras. As persoas participantes adquiren competencias emprendedoras, habilidades comunicativas, pensamento creativo e ferramentas prácticas, aplicables tamén ao TFG ou TFM. Ademais, o programa contribúe a mellorar a súa empregabilidade e ofrece acceso a premios universitarios, encontros, convocatorias e oportunidades adicionais dentro do ecosistema emprendedor.
Máis información do programa + presentación + testimonio + cartel
Publicado por: Facultade de Turismo