Irene González Eiroa é Graduada en Fisioterapia pola Universidade da Coruña (2019). Ese mesmo ano inicia o Máster Universitario en Fisioterapia Pediátrica na Universidade Internacional de Catalunya, que rematou en 2020.
Actualmente, é estudante do programa de Doutoramento en Neurociencias da Universidade da Coruña, a través do contrato predoutoral da Xunta de Galicia. A súa tese forma parte do proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación “Uso innovador de tecnoloxía portátil para mellorar a funcionalidade en nenos con parálise cerebral unilateral” cuxa investigadora principal é a doutora Verónica Robles.
Paralelamente ao desenvolvemento da súa tese, imparte docencia práctica no Grao de Fisioterapia na Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña.
Interese científico
Desde que comezou a súa carreira universitaria, os seus intereses centráronse na infancia e na discapacidade infantil, o que a levou a participar nun programa voluntario de fisioterapia nun centro de educación especial, desenvolvendo e colaborando en diferentes proxectos arredor deste programa.
Mentres desenvolve a súa tese, tamén participa noutros proxectos, relacionados coa liña de investigación sobre o control motor na infancia e o medio ambiente. É membro da Sociedade Española de Fisioterapia en Pediatría (SEFIP) e da Academia Europea da Discapacidade Infantil (EACD), sendo nesta última, membro da Xunta Directiva do foro de mozos investigadores desta sociedade.
Realizou unha estancia predoutoral na UC Louvain, no Motor Skill Learning & Intensive Neurorehabilitation Lab en 2023.