Marcelo Chouza Insua

Marcelo Chouza é profesor do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña dende o ano 1996. É Diplomado en Fisioterapia pola Universidade da Coruña, Graduado en Fisioterapia pola Universidade de Vigo e Licenciado en Fisiatría e Kinesioloxía pola Universidade de General San Martín de Buenos Aires. Continuou os seus estudos obtendo o título de Máster en Asistencia e Investigación Sanitaria na Universidade da Coruña e obtivo o grao de Doutor na mesma universidade no ano 2011. Na actualidade imparte docencia nas asignaturas: Fisioterapia nas Discapacidades Oncolóxicas, Bioquímicas e Tegumentarias,  Fisioterapia nas Disfuncións Neurolóxicas e do Envellecimento e na asignatura Estancias Clínicas do título de grao en Fisioterapia, Técnicas Aplicadas na titulación de Graduado en Terapia Ocupacional e Tecnoloxía de Apoio ao Discapacitado no Máster Universitario en Discapacidade e Dependencia.

 

Interese científico

Dende o inicio da súa carreira docente estivo ligado á intervención sobre persoas maiores e personas con diversidade funcional provocadas por enfermidades neurolóxicas dexenerativas. Así, a súa tese de doutoramento estudiou os efectos dunha plataforma vibratoria sobre a marcha e o equilibrio en doentes con enfermidade de Parkinson. Tamén investigou sobre os efectos de diferentes intervencións de Fisioterapia sobre persoas maiores, tanto sanas como afectadas por diversas patoloxías.