Casto Rivadulla Fernández

Casto Rivadulla é profesor de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador en Neurociencia. Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, becario Fullbright no Massachussets Institute of Technology, actualmente membro do grupo de investigación NEUROcom. Como divulgador foi comisario da exposición "O mundo na túa cabeza" realizada en colaboración coa dirección xeral de I+D da Xunta de Galicia para conmemorar o centenario da concesión do premio Nobel a Santiago Ramón y Cajal (2006). 2º premio no IV Certame "Teresa Pinillos" de divulgación científica e humanística, Ensaya’08. Un dos creadores, organizadores e participantes dos cafés teatro científicos, unha das actividades de divulgación científica con máis éxito e repercusión dos últimos anos en Galicia, seleccionada pola Fundación Española para la Ciencia y Tecnología como "práctica inspiradora" para a divulgación científica.

É membro da Society for Neuroscience, da Sociedade Española de Ciencias Fisiolóxicas e da Sociedade Española de Neurociencia.

 

Interese científico

A súa tese de doutoramento describiu a función do Óxido Nítrico no procesamento das sinais visuais no tálamo e o córtex. Dende ese momento o seu interese centrouse en como o cerebro codifica a realidade que recibe do exterior para crear sensacións complexas. Ten gran experiencia en técnicas de imaxe, farmacolóxicas e técnicas de neuromodulación non invasiva. A última parte da súa actividade está centrada en desvelar o papel das conexións de retroalimentación no procesado da información visual, e o papel das estructuras iniciaiss de procesamento no filtrado e selección dos estímulos relevantes. Ademais desta idea principal de traballo colaborou en proxectos relacionados coa enfermidade de Parkinson ou coa utilización de técnicas de neuromodulación para o tratameento da epilepsia.