Carmen de Labra é Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (Premio extraordinario fin de carreera), doutora pola Universidade da Coruña, especialidade de Neurociencia Cognitiva (Beca de Postgrado del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte). Realizou a súa estancia postdoutoral no Instituto de Oftalmología da University College London a través dunha beca postdoutoral do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte). Completou esta formación no Marine Biological Laboratory, Woods Hole en Estados Unidos. Investigadora do Programa Isidro Parga Pondal no grupo NEUROcom, completou a súa formación no Instituto de Neurociencia, da Universidade Autónoma de Barcelona. Na actualidade é profesora de Fisiología na Universidade da Coruña.
Interese científico
A súa tese de doutoramento centrouse en estudar, en humanos, os correlatos neurales da percepción consciente dos estímulos visuais empregando técnicas de neurofisioloxía non invasivas como a electroencefalografía. Na súa etapa postdoutoral estudiou, dende un punto de vista farmacolóxico e neurofisiolóxico, as conexións retino-talámicas e córtico-talámicas in vivo, e os neurotransmisores implicados. Para iso combinou técnicas de rexistro neuronal extracelular con exección de fármacos por iontoforesis e a estimulación magnética transcraneal. Esta formación viuse completada coa realización do curso “Neural Systems & Behavior” no Marine Biological Laboratory, Woods Hole, onde puido familiarizarse co manexo de técnicas avanzadas de electrofisioloxía: rexistros intracelulares, tinción de células, patch clamp, voltage clamp, análise da plasticidade e a súa trasmisión sináptica, xunto con cultivos celulares. Todo iso enfocado ao estudo de distintos abordaxes experimentais. A súa liña de investigación actual céntrase en estudar os efectos das conexións de retroalimentación na regulación da resposta neuronal, así como o emprego de técnicas de neuromodulación para o tratamento da epilepsia.