
Este grupo de traballo naceu no mes de novembro de 2009 froito das inquedanzas dun grupo de docentes da Facultade de Ciencias do Deporte Educación Física da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo. Trátase dun foro de carácter multidisciplinar encamiñado á formación, investigación e difusión de estudos de xénero. Forma parte da Rede Xénero e Deporte e mais da International Association of Physical Education and Sport for Girls and Women.
Obxectivos:
- Contribuír á construción dun coñecemento non androcéntrico, plural e democrático no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
- Promover, desenvolver, coordinar e difundir o estudo e a investigación en temas relacionados co xénero, a actividade física e o deporte.
- Organizar xornadas, ciclos de conferencias, mesas redondas e coloquios sobre a temática do xénero e a práctica deportiva, que contribúan a elevar a excelencia profesional.
- Potenciar a inclusión da perspectiva de xénero nos estudos de ciencias da actividade física e do deporte, entendendo a igualdade de oportunidades como un dereito humano.
- Potenciar o contacto e a colaboración con diferentes organismos e institucións internacionais, universitarias, deportivas, tanto públicas como privadas, para ampliar a formación, o intercambio de profesorado e investigadores e favorecer proxectos en común.
Ámbitos:
-
Saúde, xénero e actividade física.
-
Historia das mulleres no deporte.
-
Educación física e xénero: coeducación.
-
Xestión no ámbito deportivo e xénero.
-
Deporte e xénero: alto rendemento, deporte de base e deporte para todas y todos.
-
Xénero, actividade física e medios de comunicación.