Portada-pioneiras

Neste libro aparece publicado o traballo de sete anos de investigación, pretendendo rescatar do esquecemento as mulleres galegas que foron precursoras na práctica deportiva.

A través das súas páxinas, podemos achergarnos a unha parte da nosa historia pouco coñecida. Desde finais do século XIX, as galegas realizaron distintas prácticas físicas que hoxe consideramos deportes. Realízase aquí un percorrido por algunhas desas prácticas, tentando recuperar a memoria das súas protagonistas e ilustrando o texto con imaxes que nos permiten coñecer mellor a realidade estudada.

A variedade de modalidades analizada nesta monografía dá conta tamén da diversidade de mulleres que se achegaban ás prácticas físicas desde contextos e finalidades diferentes. O libro evidencia que en Galicia estas mulleres foron pioneiras e xogaron un papel fundamental para a historia contemporánea do deporte, mais tamén para un novo modelo de muller que reivindicaba os seus dereitos

 

PRESENCIA NOS MEDIOS:

- Radio Galega.

- Praza Pública

- Voz de Galicia.

- El Correo Gallego

- Onda Cero

- La Opinión

- La Voz de Galicia. Santiago

- Radio Voz. A Coruña. Programa do domingo 11 de marzo (do 26:16 ao 1:12:41)

- Radio Voz. Santiago 16 de marzo (desde o minuto 1:43:22).

- ABC

- Forofas.

- Diario de Lemos.

 

PRESENTACIÓNS:

- 28 febreiro 2018. Biblioteca Provincial. A Coruña.

- 8 de marzo 2018. Arteixo.

- 9 de marzo 2018. Colexio Sanjurjo de Carricarte. A Coruña.

- 13 de marzo 2018. Santiago de Compostela. Libraría Lila de Lilith.

- 17 de marzo 2018. Ferrol. Libraría Lea.

- 22 de marzo 2018. C. P. I. Cabo de Area. Laxe.

- 12 de abril 2018. CEIP A Xunqueira. Pontevedra.

- 19 de abril 2018. Libraría Lume. A Coruña

- 8 de xuño 2018. Aulaberta.  Monforte de Lemos.

 

 Outras:

- Colef Galicia