I Xornada Internacional: Sexismo no Contexto Físico-deportivo e Experiencias para o Cambio

logo

Os días 8 e 9 de outubro de 2021 terá lugar a I Xornada Internacional «Sexismo no contexto físico-deportivo e experiencias para o cambio», que está vinculada ao proxecto I+D+i «Relacións de xénero en educación secundaria. Estratexias, a través da actividade físico-deportiva, para promover interaccións de equidade libres de violencia e intimidación».

Debido á actual situación sanitaria desenvolverase en liña (seguiranse as comunicacións de forma virtual e en directo).

O obxectivo principal deste encontro é crear un espazo de intercambio e xerador de ideas para difundir a necesidade da coeducación como ferramenta para traballar en e para a igualdade desde o deporte. Para isto, levaranse a cabo relatorios, comunicacións libres e un obradoiro de creación de recursos e estratexias para a igualdade no deporte. A participación no obradoiro será por estrita orde de inscrición.

A xornada está aberta a todas aquelas persoas que teñan interese na temática. A inscrición é gratuíta e certificarase a asistencia.


Programa provisional

Captura de pantalla 2021-06-03 a las 11.41.45


Datas chave

  • Mércoes 30 de xuño Luns 12 de xullo: data límite para envío de comunicacións.
  • Mércores 1 de setembro: inicio do prazo de inscripción (realizarase a través deste formulario)
  • Venres 24 de setembro: data límite para a inscripción.

Envío de comunicacións "Experiencias para o cambio (III)":

A convocatoria está aberta a calquera profesional do ámbito deportivo (tanto recreativo como federativo, universitario e tamén da educación física etc.) que queira compartir experiencias concretas sobre coeducación e deporte.

O prazo para remitir os resumos será o 31/06/2021 ás 23:59 (UTC/GMT +1 hora). A selección das comunicacións aceptadas comunicarase a última quincena de xullo de 2021.

As propostas de comunicación seguirán as seguintes normas:

Enviarase un resumo de entre 300 e 400 palabras, que poderá ser tanto en galego como en portugués, inglés ou castelán. Enviaranse mediante este formulario e deberán seguir a seguinte estrutura:

  • Título da comunicación.
  • Nome completo das persoas autoras e adscrición institucional (máximo 1 comunicación por persoa e 4 autoras/es por comunicación).
  • Resumo da comunicación en que se detallará:
    • Contextualización (lugar de intervención, problemática, suxeitos implicados etc.).
    • Obxectivos.
    • Intervención realizada.
    • Resultados ou reflexións.
    • Conclusións.

As comunicacións seleccionadas serán gravadas e enviaránselle á organización para evitar posibles problemas derivados da conexión en directo, para o cal se seguirán as indicacións que se recibirán xunto co correo de aceptación.

Únicamente certificarase a presentación da comunicación a aquelas persoas inscritas na Xornada.