Presentación

cadro (c) cadro

O Departamento de Letras agrupa as áreas de coñecemento do ámbito filolóxico. Está composto polas seccións de Español (integrada polas áreas de Lingua Española e de Literatura Española), Estudos Ingleses, Filoloxía Románica, Galego-Portugués e Lingüística Xeral, e polas áreas de Filoloxía Francesa e Teoría da Literatura e Literatura Comparada.

Foi creado no ano 2017 como resultado da fusión de tres departamentos: Filoloxía Inglesa, Filoloxía Española e Latina e Galego-Portugués, Francés e Lingüística. 

Ten a súa sede na Facultade de Filoloxía (Campus da Zapateira).