O IUMA conta con experiencia, persoal altamente cualificado e a seguinte instrumentación científica:
Composta por dúas cabinas:
1. Con monitores automáticos de: PM10, PM2,5 e PM1; carbono negro; estación meteorolóxica; captadores gravimétricos para a recollida das diferentes fraccións do particulado atmosférico.
2. Analizador de compostos orgánicos volátiles (COV), precursores de ozono, único en Galicia.
Con analizadores automáticos de: NOx, SO2, O3; estación meteorolóxica; captador gravimétrico para a recollida das diferentes fraccións do particulado atmosférico.
Para a medida continua do carbono negro no aire ambiente, ademáis do aetalómetro AE33 instalado na estación de calidade do aire, dispoñemos dun novo sensor: ObservAir, que permite a medida deste contaminante tanto en aire exterior como interior. Este sensor é único en España polo de agora.
Para estas medidas empregamos un contador-clasificador de particulas nanométricas que precisa dunha fonte radiactiva de Ni-63 para conseguir unha distribución de cargas homoxénea.
Aplicación PALMA: Programa de Automatización de Laboratorios de Medio Ambiente, desenvolvida xunto co Laboratorio de Enxeñaría do Software da UDC (G000275). É unha aplicación web desenvolvida multidisciplinariamente para dar soporte ás tarefas características dunha rede de control da calidade do aire.
Aplicación CRACOBA: Chemical Risk Assessment by Control Bandings desenvolvida xunto co Laboratorio de Enxeñaría do Software da UDC. É unha aplicación desenvolvida con fin de facilitar o traballo dos técnicos en Hixiene Industrial con respecto á xestión e avaliación do risco químico en postos de traballo.
Aplicación SCALA: Sampling Campaigns for Aerosol in the Low Atmosphere, desenvolvida xunto co Laboratorio de Enxeñaría do Software da UDC e o CIEMAT. É unha aplicación web desenvolvida multidisciplinariamente para dar soporte á xestión de campañas de medidas de aerosois atmosféricos.
Aplicación ESCAPE: Environmental Sampling Campaigns for Aerosols and PrEcursor gases, desenvolvida xunto co Laboratorio de Enxeñaría do Software da UDC e o CIEMAT. É unha ampliación da aplicación SCALA onde se teñen en conta tamén os gases precursores dos aerosois atmosféricos.