Sumámonos á difusión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030 da ONU a través de actividades de divulgación.
Membros do IUMA impartiron a actividade formativa presencial: "TICs e Medio Ambiente. Un caso de Formación, investigación e desenvolvemento multidisciplinar" no IES Alexandre Bóveda de Vigo (Pontevedra) o día 10 de febreiro e no IES Monte Castelo de Burela (Lugo) o día 17 de febreiro, dentro do Programa de Divulgación Científica da UDC no curso 2024/25.
O grupo QANAP participou na Noite Galega das Persoas Investigadoras G-NIGHT (https://gnight.gal/), dentro da iniciativa da Noche Europea de Personas Investigadoras, impartindo obradoiros interactivos para o público en xeral o 27 de setembro de 2024.
Tivo lugar no parrote da cidade da Coruña, en horario de 17:00 a 21:00. Os nosos obradoiros tiveron como temática a problemática da contaminación ambiental, e foron dirixidos a todo o público en xeral
Continuamos achegando a nosa investigación á sociedade. Nesta ocasión, no mes de xuño visitou o IUMA o alumnado de 6º curso de Primaria do CEIP Valle Inclán de Oleiros. Visitaron a estación de calidade do aire e o laboratorio, e publicaron a noticia na sua web:
https://ceipvalleinclan.org/Biotopo/visita_ao_iuma_en_lngora.html
O 16 de decembro foi o alumnado de 2º Curso de Ciclo Superior de Química y Salud Ambiental e o de 2º Curso de Ciclo Medio de Operaciones de Laboratorio do IES Concepción Arenal (Ferrol) o que nos visitou.
Seguindo o Programa de actividades de Divulgación Científica UDC, membros do IUMA visitaron o 17 de xaneiro ó alumnado de bacharelato do IES Cabo Ortegal (Cariño) e ó de ESO do CPR Plurilingüe Jaime Bames (Noia); o día 25 de xaneiro ó de 1º de Bacharelato do IES David Buján (Cambre); o 16 de xaneiro ó de 3º e 4º de ESO do IES A Guía (Vigo); o 6 de febreiro ó de 1º de ESO do IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta (A Coruña), o 2 de abril ó de ESO do IES Marqués de Sargadelos de San Ciprián, Cervo (Lugo) e o 18 de abril ó de IES Sardiñeira, Ciclos FP Medio e Superior.
Desde xaneiro ata xuño de 2023, investigadores do grupo QANAP impartiron obradoiros sobre o estudo e análise dos microplásticos e o seu impacto no medio ambiente no IES de Oroso (Sigüeiro), IES Terra de Trasancos (Narón), IES Urbano Lugrís, IES A Sardiñeira e IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña). Participaron alumnos de ESO, Bacharelato e FP, dentro do programa de actividades de Divulgación Científica da Universidade da Coruña.
Un ano máis, o grupo QANAP da Universidade da Coruña participou o 6 de maio na XXVII edición do día da Ciencia na Rúa e o 10 de xuño na V edición da Feira Cullerciencia realizando experimentos para que todo o público poida coñecer a problemática da contaminación dos océanos por microplásticos e tomar conciencia para reducila. Tamén lévanse a cabo experimentos para coñecer a calidade do aire que respiramos nas nosas casas e nas nosas cidades. Deste xeito, mostramos como as nosas investigacións poden axudar a mellorar o contorno no que vivimos.
Membros do IUMA impartiron onte a charla: "TICs y Medio Ambiente. Formación, investigación y desarrollo multidisciplinar", dentro da Campaña de Divulgación Científica e Técnica UDC curso 2022/23, a alumnado de 1º Bacharelato no IES Concepción Arenal de Ferrol.
Membros do IUMA visitaron o día 16 de xaneiro para dar unha charla ó alumnado de 1º de bacharelato do IES David Buján en Cambre (A Coruña) e o día 8 de febreiro o IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta de A Coruña ó alumnado de 1º de ESO, dentro do programa de actividades de Divulgación Científica da UDC.
O 24 e 27 de febreiro recibimos no IUMA a visita de alumnado dos ciclos superiores de FP de Química e Saúde Ambiental do CIFP Anxel Casal (A Coruña) e Educación e Control Ambiental do CIFP A Granxa (Ponteareas). Coñeceron os proxectos de investigación que estamos a desenvolver e visitaron a estación de calidade do aire e o laboratorio onde lles explicamos a nosa investigación relacionada coa calidade do aire.
E o 14 de marzo visitounos o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Químnica e Saúde Ambiental do IES Monte Castelo de Burela. Aproveitaron a ocasión para coñecer o Centro de Documentación Ambiental "Domingo Quiroga".
O 18 de novembro e o 2 de decembro recibimos no IUMA a visita de alumnado de 2º CM Operacións de Laboratorio e 2º CS Química e Saúde Ambiental do IES Concepción Arenal (Ferrol) e de 1º Bacharelato do IES María Casares (Oleiros). Coñeceron os proxectos de investigación que estamos a desenvolver e visitaron a estación de calidade do aire e o laboratorio onde lles explicamos a nosa investigación relacionada coa calidade do aire.
O IUMA participou na Semana da Administración Aberta 2022, unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto, cuxo obxectivo principal é achega-las Administracións Públicas á cidadanía. Nesta edición intentouse acentuar a visibilización da actividade das entidades que participan nas infraestruturas de investigación europeas, sendo o IUMA invitado a través da infraestrutura ACTRIS (Aerosol, Clouds and Trace Gases Research Infrastructure) en España, na que participa como membro asociado e colaborando en diversas campañas. Os asistentes puideron coñecer de primeira man o labor que se realiza no IUMA como centro participante en ACTRIS. Visitaron a estación de calidade do aire, coñeceron equipos de medida de contaminantes como as partículas ultrafinas ou o carbono negro e falaron co persoal técnico e científico do Instituto, que explicou as súas liñas de traballo e respostou ás súas preguntas. Ademais, tiveron a oportunidade de descubrir o Pazo de Lóngora que, ademais de ser a sede do IUMA, alberga o Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga (CEIDA) nas antigas cabalarizas rehabilitadas, o que o converte no maior centro medioambiental de Galicia.
Feira científica organizada polo club de ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, co patrocinio principal e colaboración do Concello de Culleredo. Celebrouse no paseo marítimo da Ría do Burgo durante toda a xornada do sábado e participaron centros escolares e da Universidade da Coruña así como diversas entidades de ciencia.
Numerosas familias acercáronse á nosa tenda donde participaron en experiencias para coñecer a problemática da contaminación dos océanos por microplásticos e tomar conciencia para reducila. Tamén participaron en experimentos para coñecer a calidade do aire que respiramos nas nosas casas e na cidade.
Colaborando na tradución ao español destes libros, dende o IUMA e o grupo de investigación Química Analítica Aplicada (QANAP), queremos achegarnos aos mais pequenos, e non tan pequenos, para ensinarlles o iportante que é mantere limpo o aire que respiramos, porque os seres vivos temos o bo costume de respirar continuamente.
Así, también contribuiremos a la consecución del Objetivo de Desarrollo Sostenible (ODS) número 13: Adoptar medidas urgentes para combatir el cambio climático y sus efectos.
Gracias a Sotirios Papathanaiou (https://seetheair.org/), autor de los libros, por sus generosidad y profesionalidad.
Os visitantes da nosa jaima puideron presenciar diferentes experimentos: “Arquímedes descobre os microplásticos”, que consiste en visualizar a contaminación por microplásticos nun sedimento mariño a través de dúas sinxelas separacións por densidade e “As fibras que xenera a túa lavadora”, que se basea en emular unha lavadora para visibilizar a contaminación por microfibras no noso fogar.
Outros experimentos relacionaronse coa calidade do aire, onde os visitantes puideron comprobar, con sensores e contadores de partículas atmosféricas e de carbono negro, cómo actividades cotiás como o uso de incenso ou desodorante emiten aerosois ao aire que respiramos, sobretodo nos interiores. Tamén puideron ver filtros reais con particulado atmosférico e, a través de fotografías realizadas cun microscopio electrónico, observaron as diferentes formas e tamaños que poden ter estas partículas.
Todos procuramos coidar o medio ambiente e preocúpanos escoitar que as nosas praias están cheas de microplásticos ou que o aire ten contaminantes. Neste obradoiro miraremos moi de preto estes problemas e exploraremos posibles solucións.
https://gnight.gal/na-percura-dos-microplasticos-o-aire-que-respiramos-1/
O pasado xoves 9 de xuño, investigadores do grupo QANAP do IUMA impartiron un obradoiro sobre o estudo e análise dos microplásticos no medio ambiente a estudantes do grupo de Sostenibilidade e Reciclaxe do IES María Casares de Oleiros, dentro do programa de actividades de Divulgación Científica da Universidade da Coruña.