HISPANIA

Grupo de investigación HISPANIA

 

HISPANIA (Grupo de investigación en Lengua, Literatura y Cultura Hispánica) (G000208) está inscrito no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña por acordo da Comisión de investigación desde o 24 de outubro de 2005.

O grupo está formado por profesores de Lengua e Literatura Española do Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e distintos colaboradores, da propia universidade e de outras universidades españolas e estranxeiras. O grupo integra diversos equipos que traballan en diferentes líneas de investigación, que teñen como interés común o estudio e investigación da Lingua, Literatura e Cultura hispánicas desde a Idade Media ata a actualidade.

Resultados da avaliación externa: o grupo someteuse á avaliación por parte da ANEP (Ministerio de Economía y Competitividad) dentro do "Proceso de evaluación externo de los grupos de investigación del Catálogo de la UDC", acadando unha puntuación de 42 puntos sobre 50. Varios dos seus membros foron calificados con A (a máxima calificación posible: "Excelente, calidad comparable a nivel internacional en esa área científica").

O grupo obtivo o recoñecemento por parte da Xunta de Galicia como Grupo de Potencial Crecemento, recibindo unha axuda desde 2019 ata 2021, referencia: ED431B 2019/28.

 

Contacto

Coordinador: José Ignacio Pérez Pascual

Departamento de Letras
Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira s/n
15071 A Coruña
España

Teléfono: 981 167 000 (ext. 1858)
Fax: +34 981 167 151

Correo electrónico: grupo.hispania@udc.es

Actualidade

Actualidade