Hayk Manukyan

Hayk Manukyan naceu en Yerevan, Armenia. Estudou violín con P. Aikasian e no Conservatorio Superior Estatal de Komitas, en Yerevan, Armenia (Título Superior de violín 1986). Foi profesor de violín no Conservatorio Superior Estatal de Komitas, e no Conservatorio Romanos Melikyan, Yerevan (Armenia). Comezou a súa carreira como concertista aos 11 anos. Entre os premios recibidos entre 1971-1984 están: Primeiro Premio do Concurso Nacional da República Armenia, Yerevan, Segundo Premio do Concurso Internacional de Novos Intérpretes Músicos do Cáucaso, Yerevan. Tocou como solista e como membro de grupos de cámara en Moscova, San Petersburgo, Yerevan (Armenia). Foi solista e membro do Trio Fortepiano, concertino na Orquestra Sinfónica Municipal de Armenia, Yerevan, concertino na Orquestra de Cámara Virtuosos de Armenia, violinista do Trío Nacional David Jandgyan. Realizou xiras como solista e ensamblista en concertos en Minsk (Bielorrusia), Riga (Letonia), Kishinev (Moldavia), Dublin (Irlanda), Milan, Turin, Vercelli (Italia), Stuttgart, Munich, Dresden, Kölh (Alemaña). Desde 1993 reside en España, onde foi violinista na Orquestra Sinfónica de Galicia (1993-2002), primeiro violín no cuarteto de corda Granados e en diversas agrupacións de cámara.