Helena Palma
Helena Palma é compositora e lingüista (doutoramento, Universidade Complutense de Madrid 1990). Na actualidade traballa como profesora e investigadora na Universidade da Coruña. Naceu en Barcelona. Estudou piano e harmonía no Conservatorio Superior de Música desta cidade cos mestres Joan Pich Santasusana, Josep Poch, Manel Oltra, Maria Llüisa Nadal. Ampliou os seus estudos de piano, violin e composición en Inglaterra con Ronald Les e Raymond Warren. Posteriormente estudou técnicas de composición contemporánea con Helmut Lachenmann, Salvatore Sciarrino, György Kurtag, Hans Zender, e música electrónica con Trevord Whishart e Eduardo Reck Miranda. Os seus intereses de investigación en composición inclúen a cuantización do tempo, os xogos improvisatorios, os diálogos polirrítmicos, os esquemas imitativos, os indiciales e a perspectiva egocéntrica, a interfase entre a prosodia da linguaxe natural, o ritmo e a melodía. Os seus intereses en lingüística céntranse nos universals lingüísticos, a sintaxe e a semántica formal. Algunhas das súas composicións recentes son: As verdes ideas incoloras? (coro 2010); Quark (coro 2010); Consonantes africadas (coro 2010); O bosque (vl, pf, e electronica, 2009); The Descent of Man (vl 2009); A selva somerxida (cl, vl, vc 2008); Escenarios para a construción do eu (pf, elec., 2007).