| back to the program |

Paulino Pereiro

Compositor de música sinfónica e de cámara, cun catálogo de máis de 200 obras. A súa música interprétase en diferentes países de Europa e América. Participou na creación da AGC (Asociación Galega de Compositores) da que, na actualidade, é Presidente.

Como compositor de música escénica realizou, entre outros, os traballos (finalistas do premio María Casares): O barbeiro de Sevilla. Op. 65 e Cyrano de Bergerac. Op. 72 (ambas gravadas en CD pola OSG, baixo a dirección de Alejandro Posada).

Estreou varias obras sinfónicas entre as que salientan: Sinfonía nº 1, “Paisaxes imaxinárias”. Op. 62 (OSG, dirixida por Antoni Wit). O inferno de Dante. Op. 61 (Real Filharmonía, Antoni Ros Marbá). Orfeo e Dionisos. Op 67 (Real Filharmonía, Maximino Zumalave). Ceo. Op. 54 (Orquestra Sinfónica de Galicia, Eiji Oue).

A súa música de cámara foi interpretada entre outros por Antoni Besses (Variacións Beiras. Op. 48, gravadas en CD), Herre-Jan Stegenga, Florian Vlashi, David Ethève, Tatiana Prezevalskaia, Antonio Arias, Shostakovich Ensemble, o pianista Jean-Pierre Dupuy (que interpretou na BBC a súa obra Atlante), Enmanuel Ferrer, Grupo Instrumental Siglo XX, o cuarteto de violonchelos Chelicia, Luís Perandones e o Galatea Quartett.

Como escritor (membro da AELG) publicou obras de variados xéneros (ensaios sobre música, teatro, novelas, poesía, libros de relatos e traducións.