I Congreso Internacional de Lexicografía Hispánica

Asociación Española de Estudios Lexicográficos (AELex)
Universidade da Coruña

A Coruña, do 14 ao 18 de setembro de 2004

Univ. da Coruña


   

A Asociación Española de Estudios Lexicográficos (AELex) naceu en Barcelona o 18 de maio de 2002, durante o I Symposium Internacional de Lexicografía, celebrado na Universitat Pompeu Fabra. A AELex pretende fomentar o desenvolvemento dos estudos lexicográficos e servir de canle de comunicación en todos os temas e enfoques que presenta a lexicografía, sen marcar lindes por linguas ou fronteiras administrativas, aínda que manifeste un interese especial cara á lexicografía –monolingüe ou bilingüe– que ten como obxectivo o amplo mundo hispánico.

Recollendo o disposto na Asemblea Constituínte da Asociación, convocamos o I Congreso Internacional de la AELex, que se vai celebrar na Universidade da Coruña do 14 ao 18 de setembro de 2004.

O interesados en participar poderán inscribirse dirixíndose á Secretaría do congreso (poden facelo por correo electrónico). Se desexan presentar comunicación (o tempo asignado é vinte minutos) deberán remitir un breve resumo da mesma, non superior a 1000 palabras, antes do 28 de febreiro de 2004. A relación de comunicacións aceptadas, tras a preceptiva avaliación, será publicada na páxina web do congreso (http://www.udc.es/grupos/lexicografia) antes do 30 de abril.

A cota de inscrición será:

Participantes con comunicación: 150 euros (socios da AELex: 100 euros).
Participantes sen comunicación: 60 euros.

A inscrición deberá ingresarse na conta da Universidade da Coruña, na oficina principal do BSCH na nosa cidade (0049.5030.15.2516011262, código Swift BSCHESMM, código de ingreso para o congreso: 235303).

Deberá facerse chegar por correo á Secretaría do Congreso copia do resgardo de ingreso.

Secretaría do I Congreso Internacional de Lexicografía Hispánica
Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira, s/n
15071 A Coruña

correo electrónico: lexicogr@udc.es
web: http://www.udc.es/grupos/lexicografia

Boletín de inscrición

En posteriores circulares haberá información acerca das relatorios, posibilidades de aloxamento e outras cuestións.

No nome do Comité Organizador

José-Álvaro Porto Dapena                                     José Ignacio Pérez Pascual

 






Grupo de lexicografía
Departamento de Filoloxía Española e Latina
Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira.   15071 A Coruña
http://www.udc.es/grupos/lexicografia
Correo electrónico: lexicogr@udc.es
Tel.: +34 981 167000 ext. 4703