I Congreso Internacional de Lexicografía Hispánica

Asociación Española de Estudios Lexicográficos (AELex)
Universidade da Coruña

A Coruña, do 14 ao 18 de setembro de 2004

Univ. da Coruña


   


Entrega das comunicacións

A versión definitiva das comunicacións (que non superará as 4.000 palabras) poderá entregarse á organización durante o desenvolvemento do Congreso ou remitirse por correo antes do cinco de novembro (copia en papel e disquete ou
CD-ROM, preferentemente en Microsoft Word para PC). Durante a corrección de probas non se admitirán modificacións significativas do texto, que deberá adaptarse ás seguintes normas de presentación.

1. Os títulos dos apartados xerais da comunicación irán en
VERSALITA.

2. Empregarase a cursiva para as palabras utilizadas como denominacións técnicas ou que sexan alleas ao idioma no que se redactase o orixinal.

3. Empregaranse as aspas para as citas textuais breves; as restantes figurarán á parte, con sangrado. As supresións de texto nunha cita indicaranse mediante tres puntos entre colchetes.

4. As chamadas ou notas no corpo do texto indicaranse mediante números altos, sempre tras os signos de puntuación.

5. Para as citas bibliográficas, utilizararase o sistema de referencia autor ano: páxina (Haensch 1993: 12).

6. A bibliografía detallarase ao final do artigo, segundo as seguintes pautas:

a) Se é un libro, indicarase:

APELIDOS Do AUTOR EN VERSALITA, Nome do autor en minúscula (ano de publicación entre paréntese): Título en cursiva, cidade, editorial.

Exemplo:

AHUMADA LARA, Ignacio (1989): Aspectos de lexicografía práctica. Aplicaciones al Diccionario de la Real Academia Española, Granada, Universidad de Granada.

No caso de citar unha sección dun volume, precisarase:

APELIDOS Do AUTOR (EN VERSALITA), nome (ao de publicación entre paréntese): «Título do artigo ou capítulo entre aspas», Título en cursiva, cidade, editorial, páxinas

ALVAR EZQUERRA, Manuel (1993): «¿Qué es un diccionario? Al hilo de unas definiciones académicas», Lexicografía descriptiva, Barcelona, Biblograf, pp. 73-77.

Se cómpre indicar o número da edición, esta aparecerá en exponente; a data da primeira edición pode aparecer entre colchetes, despois do título; isto é especialmente recomendable no caso das edicións facsimilares:

SECO, Manuel (2003): «Problemas formales de la definición lexicográfica», Estudios de lexicografía española. Segunda edición aumentada, Madrid, Gredos, pp. 25-46 [1978].

REAL ACADEMIA ESPAÑOLA (1984): Diccionario de Autoridades, Madrid, Gredos [1726-1739] (ed. facsímil).

b) Se é unha achega a unha obra colectiva, indicarase o autor, ano (entre paréntese), o título do traballo entre aspas, o título  do volume en cursiva, o editor das actas, a editorial, a cidade, o número do volume e as páxinas.

Exemplo:

GUTIÉRREZ CUADRADO, Juan (1996): «Enciclopedia y diccionario», en E. Forgas, coord., Léxico y diccionarios, Tarragona, Universitat Rovira i Virgili, pp. 133-159.

c) Se é unha revista, indicarase

APELIDOS Do AUTOR EN VERSALITA, Nome (ano entre paréntese): «Título entre aspas», Título completo da revista en cursiva, volume/número, páxinas.

Exemplo:

ALVAR EZQUERRA, Manuel (1995): «Los diccionarios españoles en su historia», International Journal of Lexicography, VIII/3, pp. 174-201.


7. Poderán usarse as seguintes abreviaturas: 

- Capítulo(s): cap., caps.
- Columna(s): col. cols.
- Compárese: comp.
- Confróntese: cfr.
- Edición: ed.
- Fascículo(s): fasc., fascs.
- Folio(s): f., ff.
- Ibidem: ibid.
- Idem: id.
- Opus citatum u obra citada: op. cit.
- Páxina(s): p., pp.
- Tomo(s): t., ts.
- Tradución: trad.
- Véxase: vid.
- Volume(s): vol., vols.

 






Grupo de lexicografía
Departamento de Filoloxía Española e Latina
Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira.   15071 A Coruña
http://www.udc.es/grupos/lexicografia
Correo electrónico: lexicogr@udc.es
Tel.: +34 981 167000 ext. 4703