Os membros do GRIDP reúnen experiencia profesional dilatada na empresa, en enxeñería e xestión de proxectos de construción e enxeñería enerxética. Tamén en materia de planificación enerxética.
Dous deles ocuparon postos técnicos, de xestión e directivos en empresas. Doutra banda, reúnen experiencia académica e en I+D+i nos devanditos campos, nalgúns casos desde hai máis de 30 anos. Tamén desempeñaron cargos directivos na administración.
Ademais da oportuna información de contacto, na ligazón que se adxunta inclúese información detallada acerca dos servizos que pode prestar o grupo a empresas e institucións públicas, apoiándoas na concepción e desenvolvemento de proxectos de I+D+i ou de complexidade especial, na mellora dos seus procesos para adaptalos a métodos e técnicas innovadoras, e na formación en asuntos relacionados coas catro liñas de traballo do grupo: