Presentación

O Grupo de Enxeñería e Dirección de Proxectos (GRIDP) traballa en investigación aplicada no ámbito da enxeñería e a dirección de proxectos de construción e enerxéticos, con orientación á transferencia de coñecemento a empresas e entidades públicas. O GRIDP mantén relación con outros grupos de investigación españois e estranxeiros.

Os seus membros reúnen dilatada experiencia docente, investigadora e de traballo profesional na empresa e na administración pública, en postos técnicos e directivos, participando en máis de 100 proxectos e contratos. O seu perfil inclúe coñecementos e experiencia en enxeñería da construción, de tecnoloxías enerxéticas, de organización industrial, e electro-mecánica. Algúns membros teñen máis de 30 anos de experiencia.

A actividade do grupo céntrase ao redor dos dous eixos clásicos de xeración de coñecemento e de transferencia do mesmo á empresa e a administración pública. Dita actividade estrutúrase nas seguintes liñas de traballo:

  • Avaliación, xestión e optimización da sustentabilidade. Deseño sustentable na construción e na enxeñería enerxética.
  • Planificación enerxética sustentable. Enerxías renovables.
  • Avaliación sustentable para toma de decisións.
  • Dirección de proxectos.

O grupo ten capacidade para:

  • A concepción e xestión de proxectos de construción e enerxéticos.
  • Comprender as necesidades e circunstancias habituais do persoal técnico, de xestión e directivo de empresas e administracións públicas, para poder traballar co devandito persoal de forma eficaz, na persecución dos seus obxectivos.
  • Desenvolver proxectos de I+D+i nas catro liñas de traballo referidas, no marco de empresas ou administracións públicas.
  • Axudar aos equipos de proxecto de empresas e administracións públicas a ordenar, sintetizar e explotar o seu coñecemento en aspectos novos, para construír con eles modelos que sirvan para resolver os seus problemas e alcanzar os obxectivos dos seus proxectos.
  • Concibir e desenvolver software para propósitos diversos, relacionado ditas liñas de traballo.