Grupo de Enxeñaría e Dirección de Proxectos

O Grupo de Enxeñería e Dirección de Proxectos (GRIDP) traballa en investigación aplicada no ámbito da enxeñería e a dirección de proxectos de construción e enerxéticos, con orientación á transferencia de coñecemento a empresas e entidades públicas.

Os seus membros reúnen dilatada experiencia docente, investigadora e de traballo profesional na empresa e na administración pública, en postos técnicos e directivos, habendo participado en máis de 100 proxectos e contratos.

A actividade do grupo céntrase en catro liñas de traballo:

  • Avaliación, xestión e optimización da sustentabilidade. Deseño sustentable na construción e na enxeñería enerxética.
  • Planificación enerxética sustentable. Enerxías renovables.
  • Avaliación sustentable para toma de decisións.
  • Dirección de proxectos. Ler máis...

Contacto

Alfredo del Caño Gochi

Universidade da Coruña
Escola Politécnica Superior

R/ Mendizábal s/n
Campus de Esteiro
15403 Ferrol, A Coruña