É un título oficial da Universidade da Coruña que forma profesionais especializados e altamente competitivos con coñecementos multidisciplinares en Information Science, Data Science, Big Data, xestión de contidos, comunicación, ciencias sociais e humanidades.
A titulación representa un papel central e integrador con respecto a catro competencias (comunicación, xestión da información, tecnoloxía e técnicas de análise), e con respecto a cinco perfiles profesionales (enxeñeiro de datos, científico de datos, productor de contidos dixitales, community manager, e business intelligence). Tras cursar o grao serás capaz de:
O plan de estudos parte dun enfoque multidisciplinar no que as tecnoloxías da información (ferramentas, técnicas, instrumentos e procedementos de análise informáticos e tecnolóxicos imprescindibles no mundo actual) non só forman unha base transversal sobre a que se apoian as restantes materias, senón que ademais se introducen nos contenidos de todas as materias para complementar a formación do alumnado e garantir unha formación actualizada, competitiva, especializada e adaptada á nosa sociedade e ao actual mercado laboral.
Todos os cursos do plan de estudios incluen talleres de habilidades informacionais que permiten o aprendizaxe directo por parte dos profesionales e emprendedores do mundo da xestión da información e da documentación, así como visitas a empresas e institucións relacionadas.
Sobre esta base, o eixe central o forman materias de información e documentación que proporcionan formación no relativo aos procedementos de produción, organización, recuperación, avaliación e preservación da información e da documentación dixital e dixitalizada. Finalmente, a formación se complementa con materias de coñecementos fundamentais que proporcionan o enfoque multidisciplinar imprescindible cunha orientación profundamente práctica, así como materias de coñecementos complementarios que permiten achegar o alumnado ás problemáticas do mundo real xunto coas técnicas e tecnoloxías que permiten darlle solución.
O plan de estudos contempla a posibilidade de que os alumnos seleccionen entre dous itinerarios de intensificación curricular constituídos cada un deles por catro materias obrigatorias (24 créditos en total):
Mención en Biblioteconomía e Arquivística
Enfocada a xestión das institucións encargadas da custodia, clasificación, recuperación, preservación e difusión da información e a documentación: arquivos, bibliotecas e centros de documentación, tanto públicos como privados, así como os servicios e departamentos da información e documentación de empresas e organizacións.
Mención en Información para a Ciencia e a Tecnoloxía
Centrada na utilización das TIC para dar soporte aos procesos de xestión da información como a recuperación da información en sistemas de información, a publicación de información na Web, a creación de contidos dixitais, e a publicación de información de forma interoperable mediante linguaxes de descrición da información dixital.
Tamén é posible optar por non realizar ningunha especialización e seleccionar oito materias optativas calquera.
Empresas de análise e xestión de datos, creación de contidos editoriais, márketing dixital, e calquera empresa que realice xestión de contidos dixitais (community management, social media management, content management)
Centros de documentación (editoriais, hospitais, medios de comunicación, asesorías e consultarías legais)
Arquivos (administración pública, organismos privados e empresas)
Bibliotecas (públicas, universitarias, especializadas)
Analista de datos e arquitecto da información
Xestor de contidos e comunidades dixitais
Técnico de intelixencia empresarial e competitiva
Responsable de centro de documentación, arquivo ou biblioteca
Perfil de profesional con formación humanística para a toma de decisións e formación técnica para a súa posta en marcha e xestión
Proporciona as capacidades, técnicas e habilidades demandadas polas novas profesións do ámbito da economía dixital
Tecnoloxías da información
Talleres con profesionais
Prácticas en empresa