Cátedras e aulas institucionais

As cátedras institucionais, financiadas cunha dotación económica periódica achegada en concepto de patrocinio polas empresas, permiten desenvolver actividades non lucrativas específicas de formación, de divulgación, de transferencia de coñecemento e de investigación nos ámbitos de interese común para a empresa e a Universidade.

Outra modalidade de colaboración son as aulas institucionais, cunha menor achega económica, e que desenvolven actividades de formación e de divulgación e transferencia de coñecemento. A súa duración mínima é dun ano ou un curso académico.

Normativa

Regulamento para a creación e xestión das cátedras e aulas institucionais da UDC

Convenio tipo

Plan de actuación

Aulas

Aula Compañía de Tranvías

Cátedras

Cátedra Cosme Álvarez del Río (Navantia)

Cátedra Emalcsa

Cátedra everis de Transformación Dixital

Cátedra Fundación Inade - Xestión do Risco e o Seguro

Cátedra Handytronic - Grupo Telecon

Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte

Cátedra Inditex-UDC

Cátedra Jorge Juan de Responsabilidade Social

Cátedra Luis Fernández Somoza para a internacionalización dos estudos de Economía e Empresa na UDC