Misión

A Unidade Técnica de Calidade da Universidade da Coruña ten como función principal a de facilitar os procesos que orienten a mellorar a calidade da nosa universidade detectando os puntos fortes e febles dos nosos títulos e servizos e axudar a establecer propostas de mellora que os orienten cara á excelencia.

Ademais, esta unidade informará ós usuarios sobre a calidade da institución universitaria e potenciará a creación dunha cultura de calidade na comunidade.