Información sobre as cartas de servizo

As Cartas de Servizos son documentos a través dos que cada unidade administrativa informa publicamente ós seus usuarios sobre os servizos que prestan e sobre os compromisos de calidade que asume con respecto a ditos servizos, de maneira que se poida demostrar que os seus principios de funcionamento son realmente eficaces. Neste sentido, as Cartas de Servizos perseguen un dobre obxectivo:

  • Facilitar información ós usuarios sobre os cometidos do servizo e sobre o nivel de calidade que poden esperar del.
  • Comprobar o grao de cumprimento por parte do servizo dos compromisos que asumen e fomentar a mellora continua a partir do grao de satisfacción dos usuarios.