Información sobre a ISO

A 'Norma ISO 9001' elaborouna o Comité Técnico ISO/TC176 de ISO (Organización Internacional para a Estandarización) e nela especifícanse os requisitos para un sistema de xestión da calidade que poden utilizarse para a súa aplicación interna polas organizacións, para a certificación ou con fins contractuais.

A terceira versión da ISO 9001 data de decembro de 2000, e por iso exprésase como ISO 9001:2000. Tódolos servizos certificados ISO nesta universidade están nesta versión.

En novembro de 2008 apareceu a cuarta versión da norma, a cal exprésase como ISO 9001:2008, o que obrigará a adaptar as certificacións a esta nova versión.