Información sobre EFQM

Modelo europeo para a xestión da calidade total proposto pola European Foundation for Quality Management (EFQM).

Modelo en expansión nas universidades españolas, que aconsella a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e que presenta as seguintes características:

  • É un punto de referencia para que as institucións poidan facer un diagnóstico interno do grao de calidade da súa xestión mediante a autoavaliación que permite identificar os puntos fortes, as áreas de mellora e recoñecer as carencias máis importantes de forma que poidan suxerirse planos de acción de mellora.
  • Presenta unha guía para a determinación da xestión da calidade de acordo coas características esixibles para un sistema de organización baseado na calidade total.
  • É un instrumento práctico de axuda ás organizacións para determinar en que punto se encontran no camiño de cara á excelencia.
  • É unha avaliación pensada para o conxunto da institución e tamén para un departamento, unha unidade ou un servizo de maneira illada.