A Universidade da Coruña, por medio da UDCC, súmase todos os anos á organización da G-Night, celebrada o último venres de setembro con motivo da Noite Europea das Persoas Investigadoras e que ten lugar ao mesmo tempo en preto de 400 cidades europeas para achegar a ciencia á cidadanía. En Galicia, un consorcio formado polas tres universidades públicas galegas, institutos de investigación e outros organismos de investigación galegos enchen as cidades de actividades de divulgación científica. A UDCC é a encargada de organizar unha ampla programación de actividades que teñen lugar nos diferentes campus universitarios e en diferentes localizacións das cidades da Coruña e Ferrol en colaboración co Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC), alén da Entidade Portuaria, o Concello da Coruña a través dos Museos Científicos Coruñeses, MUNCYT etc.
Quen participa?
Persoal investigador.
Inscrición para participar
Vía corrreo electrónico no mes de xuño/xullo
Formato
Feira científica, obradoiros, relatorios, paseos científicos, visitas guiadas, teatro, demostracións,...
Programación
https://gnight.gal/
Ver vídeo de GNIGHT25
A quen vai dirixido?
Público xeral
Cando?
Último venres de setembro