Máster (Título Propio de la UDC)

Carga lectiva:

Mínimo: 60 créditos ECTS.

Requisitos de acceso:

Para accederen aos estudos propios de mestrado, o estudantado deberán reunir, cando menos, un dos seguintes requisitos, sen perxuízo dos específicos de cada curso que poderán ser mais restritivos:

  • Ser licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente, ou posuír unha titulación de ciclo curto.
  • Posuír un título de grao.
  • Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  • Acreditar ter superados cento oitenta créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estiver comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, logo da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  • Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.

 

Título universitario propio a que conduce:

Mestrado.