Oferta de proxectos STEMbach 2023-2025

A Universidade da Coruña oferta unha gran variedade de proxectos de investigación nos seus diferentes centros e facultades que permiten aos alumnos e alumnas do STEMbach experimentar cos diferentes métodos de investigación ou de análise favorecendo o seu pensamento crítico e creativo, así como o seu interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.

A continuación expónese a oferta de proxectos de investigación da Universidade da Coruña para os estudantes da edición STEMbach do bienio 2023-2025, segundo as áreas de coñecemento vinculados aos proxectos: