Oferta de proxectos STEMbach 2019-2021

A Universidade da Coruña oferta unha gran variedade de proxectos de investigación nos seus diferentes centros e facultades que permitirán aos alumnos do STEMbach experimentar cos diferentes métodos de investigación ou de análise favorecendo o seu pensamento crítico e creativo, así como o seu interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.

A continuación expónese a oferta de proxectos de investigación da Universidade da Coruña para os estudantes da edición STEMbach do bienio 2019-2021, ordenados por escolas e facultades.

Os centros educativos que teñan interese nalgún destes proxectos poden xestionar a súa asignación a través do correo electrónico de contacto.

Así mesmo, o profesorado da Universidade da Coruña está a disposición dos centros educativos para colaborar na dirección doutros proxectos de investigación non incluídos nesta listaxe. Unha vez realizada a proposta, desde a coordinación STEMbach da UDC intentaremos atopar ao profesorado adecuado para codirixir cada proxecto suxerido segundo a súa temática.

Calendario de solicitude de proxectos

A Universidade da Coruña establece o seguinte calendario:

  • Antes do 18 de novembro

Os centros enviarán as súas propostas de proxectos á coordinación STEMbach na UDC (stembach@udc.gal)

  • 28 de novembro - 20 de decembro

A coordinación STEMbach na UDC publicará os títulos das propostas na web do proxecto STEMbach (www.udc.gal/stembach) e resolverá as dúbidas que xurdan sobre eles aos interesados nos centros educativos.

  • 13 de xaneiro - 7 de febreiro

Os centros educativos contactarán coa coordinación STEMbach para solicitar liñas de traballos, e realizarase posteriormente unha primeira asignación de traballos para os estudantes.

  • Marzo 2020

Os centros educativos poderán iniciar o desenvolvemento dos proxectos asignados, que finalizarán previsiblemente en decembro 2020-marzo de 2021 (dependendo das necesidades dos participantes).

Contacto

Calquera dúbida ou solicitude de asignación será atendida a través do correo de contacto da coordinación STEMbach na UDC: stembach@udc.gal