A Estratexia Galega de Educación Dixital "Edudixital 2020" ten, entre outros obxectivos, favorecer a adquisición das competencias clave do alumnado necesarias para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM, a competencia matemática e a competencia en ciencia enha perspectiva ampla, non circunscrita a estas materias senón transversal e en colaboración cos diversos sectores e axentes sociais, na liña do establecido na Recomendación do Consello Europeo relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.
Neste senso, enmarcado na Estratexia Galega de Educación Dixital "Edudixital 2020", o blacherelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía (STEMbach) busca contribuir a favorecer no alumnado o afondamento no traballo nas competencias matemática e básica en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e os procedementos de investigación e dos métodos científicos, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico e para desenvolver investigacións propias.
Deste xeito, proporciona un contexto organizativo no que o alumnado máis motivado para afondar nos seus estudios e o profesorado responsable das distintas materias podan acadar a excelencia nos coñecementos, cunha metodoloxía baseada na investigación como principio esencial, realizar prácticas para coñecer as aplicacións reais da ciencia e a técnica, así como adquirir unha formación actualizada e autónoma que lles estimule para os futuros estudos universitarios.
O programa do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, comprende dous cursos académicos que se corresponden co primeiro e segundo curso da etapa e terá unha duración mínima de dous cursos.
O principio metodolóxico do bacharelato STEMbach é fomentar o pensamento científico e o enfoque práctico de indagación e resolución de problemas, a través da realización dun proxecto de investigación. Deste xeito, o alumnado integrará como parte do seu desenvolvemento formativo competencias que lles permitirán elaborar, expoñer e argumentar de forma razoada estes traballos resultado dunha metodoloxía científica.
O alumnado que se incorpore a este bacharelato:
O alumnado que obteña o título tras cursas este bacharelato, logo da avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, recibirá unha certificación acreditativa da dirección do centro no que realizou os estudos correspondentes a este programa que farase constar no expediente académico do alumno.
O proxecto de investigación será unha ferramenta de aprendizaxe útil para que o alumnado se inicie nas actividades de investigar, escribir e expoñer oralmente. Desde unha perspectiva metodolóxica, trasladará o obxectivo dunha formación práctica en contidos e a iniciación en investigación e permitirá experimentar cos diferentes métodos de investigación ou de análise, favorecer o pensamento crítico e creativo, o interese pola investigación a tecnoloxía e a innovación, e a capacidade de análise e reflexión, entre outros.
Poderá realizarse individual ou colectivamente, neste caso o número de participantes non será maior de 4.
Deberá estar co-dirixido por unha persoa docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e será titorizado polos docentes que impartan a materia de afondamento STEM.
Os criterios de evaluación e cualificación basearanse no proceso, na memoria escrita e na exposición oral, que terá un peso do 30% da cualificación final.
A memoria escrita deberá ter una extensión máxima de 10.000 caracteres cos espaxos (sen contar anexos) no caso de ser individual e ata 20.000 si é colectivo e contarña cos seguintes apartados: portada, introdución, contextualización e xustificación da investigación realizada, materiais e métodos, resultados e conclusións (incluíndo unha reflexión sobre o proceso de investigación) e proposta de continuidade.
O alumnado realizará unha defensa do traballo en sesión pública e en período lectivo antes do día 1 de maio do curso académico. Nunha duración máxima de 15 minutos se expoñerá a labor realizada, a metodoloxía aplicada, o contido e as conclusións. A continuación, levarase a cabo un espazo de debate de ata outros 15 minutos para as cuestións que poda plantexar a comisión avaliadora.
A comisión avaliadora do traballo de investigación estará composta por a persoa directora do centro educativo ou persoa en que delegue, a persoa coordinadora do programa e unha persoa da entidade de investigación ou departamento universitario colaborador no proxecto, diferente da persoa que co-dirixe o traballo.