Mentoring STEMbach UDC

O convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do bacharelato de excelencia STEM (STEMbach) no marco da estratexia educación dixital2030, na cláusula cuarta establece os beneficios para o alumnado matriculado na UDC que acredite que obtivo o título de STEMbach dende o curso 2019-2020 en diante e que se inscriba e participe no Programa Mentoring STEMbach da UDC.

Mentoring STEMbach UDC (curso 2025-2026):

No seguinte enlace, pódese acceder á resolución do Vicerreitor de Titulacións e Internacionalización onde se convoca o programa Mentoring STEMbach UDC para o curso 25/26:  Convocatoria Mentoring STEMBach UDC 25-26

O prazo de inscrición no programa será ata o 19 de decembro de 2025.
A solicitude de inscrición realizarase mediante o formulario seguinte: Formulario Inscripción programa Mentoring STEMbach UDC 25/26