Xestión da calidade

— O acceso á documentación, de conformidade co que dispón o Regulamento do CEDAR e de acordo cos principios xerais sobre o acceso á documentación que rexen na Administración pública. No que atinxe aos usuarios internos, o CEDAR debe contribuír ao funcionamento da administración da universidade proporcionando criterios sobre a xestión documental.

— As persoas usuarias, tanto internas como externas, son responsables da integridade dos fondos documentais mentres os consulten. Non se permite o traslado de documentos fóra do espazo destinado a consulta, salvo que fose especificamente autorizado mediante préstamo aos usuarios internos ou formen parte dunha exposición documental.
— O acceso directo aos depósitos está reservado unicamente ao persoal do Centro de Documentación e Arquivo. Os usuarios non poderán acceder a eles sen unha autorización expresa.
— A efectividade do dereito de acceso someterase ao cumprimento das condicións que estableza para o efecto o Centro de Documentación e Arquivo