Colección de tarxetas postais

Este conxunto de 16 postais de comezos do século pasado dá unha idea de como era a cidade herculina hai máis de 100 anos. A colección inclúe tarxetas con imaxes da praia de Riazor, os Cantóns, os xardíns de Méndez Núñez, o peirao da Mariña, o Obelisco ou a Praza de Mina, entre outras.

A Coruña a principios do século XX era unha cidade en transformación: mantíñase fiel ás súas raíces mariñeiras e comerciais, pero comezaba tamén a modernizarse e a medrar como un centro urbano. Desa época son boa parte dos edificios modernistas, como os da Praza de Lugo, mentres que as famosas galerías da Mariña xa se estendían fronte ao porto, símbolo da cidade; pensadas para aproveitar a luz e protexerse do vento e da choiva.

A colección complétase cunha estampa de Ferrol, concretamente co peirao do Leste, contemporánea ás anteriores.

Descrición física
Título: La Coruña. Playa de Riazor, Cantón Grande...
Data de creación: [ca. 1910-1920]
Volume e soporte: 17 postais de 90x136 mm,
cunha marca de impresión de 60x94 mm 
Estado de conservación: moi bo