Esta carta de Castelao ao seu amigo Victoriano García Martí foi escrita polo ano 1908. Nela descúlpase por non ter feitas as ilustracións que lle encargou para a súa futura novela, probablemente La sonrisa de un espíritu (1911), e achégalle unha idea para ver se é do seu agrado.
Nesta etapa, Castelao está facendo debuxos para a exposición colectiva do Segundo e Terceiro Salón Nacional de Humoristas que vai ter lugar meses despois en Madrid.
Victoriano García Martí, nacido na Pobra do Caramiñal en 1881, foi un destacado escritor, ensaísta, sociólogo e avogado. A comezos do século XX, trasladouse a Madrid para facer o doutoramento en Dereito, e en 1911 mudouse a París para cursar estudos de Socioloxía na Universidade da Sorbona. Na capital gala, coincide coa poeta e xornalista Sofía Casanova.
Foi nomeado membro correspondente da RAG en 1960 e da RAE en 1965.
Descrición física
Autoría: Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (1886-1950)
Destinatario: Victoriano García Martí (1881-1966)
Data de creación: [ca. 1908]
Volume e soporte: 1 carta de 3 páxinas, de 13x20,5 cm
Estado de conservación: bo