O patrimonio documental da Universidade da Coruña, custodiado no CEDAR, estrutúrase en fondos documentais e coleccións.
Para consultar o catálogo dos fondos e coleccións prema aquí.
Formado polos documentos xerados e recibidos polos órganos, centros, departamentos, servizos e unidades administrativas da Universidade da Coruña no exercicio das súas funcións. Volume: arredor de 1.577 metros lineares. Datas límite: 1990-en curso.
Contén documentos producidos e recibidos pola antiga Escola de Comercio da Coruña (1850-1972) e a súa sucesora a Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Coruña (1972-1989). Volume: 23 metros lineares. Datas límite: 1850-1989.
Contén documentos producidos e recibidos pola antiga Escola de Náutica e Máquinas, cuxa orixe se remonta ao século XVI. Volume: 38 metros lineares. Datas límite: 1913-1989.
Contén documentos producidos e recibidos polo antigo Colexio Universitario da Coruña. Volume: 11 metros lineares. Datas límite: 1972-1990.
Contén parte da documentación producida e recibida polo Escola Universitaria de Arquitectura Técnica de 1970 a 1990, momento en que o centro é integrado na Universidade da Coruña. Datas límite: 1970-1990.
Contén documentos producidos pola antiga Escola de Turismo «Centro Español de Nuevas Profesiones» da Coruña. Trátase sobre todo de documentación de xestión académica, fundamentalmente expedientes de estudantes e actas de exame. Volume: 10 metros lineares. Datas límite: 1967-2014.
Contén diversos fondos documentais adquiridos mediante compra ou ben recibidos por doazón.
Destaca o fondo Distrito Mineiro da Coruña, composto por máis de catrocentas caixas de arquivo. Este fondo documental é unha mostra da xestión da minaría e amosa case toda a actividade relacionada con esta. As súas datas límite son 1856-1971.
O fondo Isidro Parga Pondal está composto por cinco mobles arquivadores con correspondencia persoal e vinte caixas de negativos e positivos fotográficos do insigne xeólogo. As súas datas límite son 1931-1980.
Hai outros fondos, de pequeno tamaño, entre os que destacan os fondos de Victoriano García Martí; Sergio Rivera Chao e José Francisco Rivera Illade ou o fondo de Eugenio Ramón Martínez. Datas límite: 1800-2012.
Cóntase ademais co fondo Pedro López Gómez, cuxa actividade profesional desenvolveuse dentro do mundo dos arquivos e da documentación, primeiro no campo da xestión e despois na docencia. Datas límite: 1920-2014.
Constituída por material fotográfico relativo aos centros, instalacións, actos e vida universitaria en xeral da Universidade da Coruña e dos centros de estudo que a precederon. Hai tamén fotos de lugares tal como estaban, previos a instalación de edificios da universidade. Datas límite: 1920-2015.
Estas coleccións están formadas por documentos reunidos pola Universidade da Coruña, cuxa temática está relacionada coa provincia da Coruña e o mundo da cultura, da educación e da investigación. Inclúen tamén os documentos referidos aos antecedentes dos centros máis antigos que na actualidade forman parte da Universidade da Coruña. Datas límite: 1519-2007.