Escola Universitaria de Deseño Industrial

Premio de Arquitectura Rodolfo Ucha 2001 para obra de rehabilitación.

Antigo edificio do Proxecto Tollet destinado a Pavillón de Medicina, denominado pavillón número dous e con idéntica distribución ao número dous bis que hoxe ocupa o Centro de Investigacións Tecnolóxicas -véxase máis arriba a descrición deste edificio-. A reforma e rehabilitación da Universidade da Coruña é do ano 2000.

Arquitecto autor da reforma: D. José Fernández Salas.
Construtor: Acs.

Coordenadas GPS: 43° 28' 57.6114'' N 8° 13' 25.86'' W

Enderezo: Campus de Esteiro. 15403 - Ferrol

Autobuses que veñen ao campus

Información