Nos últimos anos, múltiples estudos sobre o Lazarillo provocaron un importante envorco na percepción cultural e ideolóxica de todo o que afecta a obra. A UDC ( Universidade da Coruña), consciente deste recente cambio de orientación, convoca un Simposio Internacional sobre o tema O Lazarillo de Tormes e os seus continuadores, no que se atende tanto aos textos orixinais como ás traducións, adaptacións e continuacións da obra. O Simposio comprende, deste xeito, catro grandes liñas temáticas: "Textos: lingua e literatura", "Traducións: linguas estranxeiras e peninsulares", "Historia e sociedade" y "Didáctica dos feitos culturais".
O evento terá lugar ao longo de dúas xornadas, divididas en sesións de mañá e de tarde. As conferencias plenarias, impartidos por prestixiosos especialistas, terán lugar en cada unha das sesións do Simposio. Están previstas tamén sesións de comunicacións onde se admitirán contribucións pensadas para unha disertación de 20 minutos, cun debate final conxunto de 10 minutos para cada sesión. Estas comunicacións poderanse impartir en calquera das tres linguas do congreso: español, galego e inglés.
10-11 de outubro de 2019
Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Elviña s/n. 15071 A Coruña (Mapa)
Envío de propostas: pechado.
Avaliación do comité científico: xuño de 2019.
Notificación de aceptación: antes de setembro de 2019.
Prazo de inscrición (comunicantes): ata o 30 de xuño de 2019.
Prazo de inscrición (asistentes): aberto.