MATRÍCULA DE NOVO INGRESO

Antes de comezar a matrícula

Só os estudantes admitidos no proceso de preinscrición en másteres poden matricularse.

Se non tes praza todavía, consulta na web de preinscrición de másteres toda a información necesaria.

Se xa tes a praza asignada, consulta a guía de matrícula de novo ingreso antes de comezar a matrícula, xa que contén información importante que che axudará no proceso.

Proceso de matrícula

Se xa tes conta institucional activa na UDC (por ser ou ter sido estudante anteriormente nesta universidade), usa a ligazón para matrícula de estudantes con conta na UDC.

Se é a primeira vez que estudas na UDC e non tes conta institucional todavía, usa a ligazón para matrícula de estudantes externos e a mesma conta temporal que rexistraches durante o proceso de preinscrición. Despois de formalizar a túa matrícula terás que activar a túa nova conta institucional da UDC.

Recorda consultar a guía de matrícula antes de comezar ou se che xurden dúbidas durante o proceso.

Axuda e incidencias

Se precisas axuda durante o proceso de matrícula, podes dirixirte a:

  • O centro responsable do título do que te matriculas. Podes consultar esta información aquí.
  • O Servizo de Organización Académica da UDC: soa@udc.gal.

A partir do momento no que fagas a matrícula, todas as cuestións relacionadas con ela debes consultalas co teu centro.