MATRÍCULA DE NOVO INGRESO

Antes de comezar a matrícula

Só os estudantes admitidos no proceso de preinscrición en graos ou os admitidos directamente polos Centros poden matricularse.

Se xa tes a praza asignada, consulta a guía de matrícula de novo ingreso antes de comezar a matrícula, xa que contén información importante que será de axuda no proceso.

Proceso de matrícula

Se xa tes conta institucional activa na UDC (por ser ou ter sido estudante anteriormente nesta universidade), usa a ligazón para matrícula de estudantes con conta na UDC.

Se é a primeira vez que estudas na UDC e non tes conta institucional todavía, usa a ligazón para matrícula de estudantes externos e a mesma conta temporal que rexistraches durante o proceso de preinscrición. Despois de formalizar a túa matrícula terás que activar a túa nova conta institucional da UDC.

Recorda consultar a guía de matrícula antes de comezar ou se che xurden dúbidas durante o proceso.

Axuda e incidencias

Se precisas axuda durante o proceso de matrícula, podes dirixirte ao centro responsable do título do que te matriculas (podes consultar esta información aquí).

A partir do momento no que fagas a matrícula, todas as cuestións relacionadas con ela debes consultalas co teu centro.