Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

cartaz_CostadaMorte_2018_opt (c) cartaz_CostadaMorte_2018_opt

En colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) "Costa da Morte", o Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegará entre os meses de marzo a maio a formación universitaria para maiores mediante a 3ª edición do Proxecto de Democratización do coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, este proxecto formativo está dividido en tres módulos que constarán de tres sesións teóricas e unha sesión práctica ou saída de campo:

 

MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL

  • Patrimonio Arquitectónico de Galicia. Prof. Álvaro José Iglesias Maceiras
    • Marzo: mércores 25 de 17:00 a 19:00
    • Abril: mércores 1 de 17: a 19:00
  • Lingua e Literatura Galega. Prof. Xoán López Viñas
    • Marzo: xoves 26 de 17:00 a 19:00
    • Abril: xoves 2 de 17:00 a 19:00
  • Visita Cultural, ao entorno da comarca, proposto polo docente.
    • Abril: venres 17 de 10:30 a 13:30

MODULO II: MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE

  • Enxeñaría e tecnoloxía ambiental. Prof. Manuel Soto Castiñeira y Verónica Torrijos Pérez
    • Abril: mércores 15 de 17:00 a 19:00
    • Abril: mércores 22 de 17:00 a 19:00
  • Ciencia e vida. Prof. Javier Cremades Ugarte y Federico Pomar Barbeito
    • Abril: xoves 16 de 17:00 a 19:00
    • Abril: xoves 23 de 17:00 a 19:00
  • Saída de Campo, ao entorno da comarca, proposto polo docente.
    • Abril: venres 24 de 10:30 a 13:30

MÓDULO III: SAÚDE E CALIDADE DE VIDA

  • Neurociencia. Prof. Carmen de Labra Pinedo
    • Abril: mércores 29 de 17:00 a 19:00
    • Maio: mércores 6 de 17:00 a 19:00
  • Educación para a Saúde dende o exercicio terapéutico. Prof. Isabel Raposo Vidal
    • Abril: xoves 30 de 17:00 a 19:00
    • Maio: xoves 7 de 17:00 a 19:00
  • Sesión práctica de exercicio terapéutico
    • • Maio: venres 8 de 10:30 a 13:30

 

 

As sesións teóricas serán desenvolvidas no Centro Sociocultural de Baio, no Concello de Zas.

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte