Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes de García Rodríguez

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

En colaboración co Concello de As Pontes de García Rodríguez, o Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegará a formación universitaria para maiores mediante un proxecto de democratización do coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes de García Rodríguez, este proxecto formativo está dividido en tres Módulos, que constarán de tres sesións teóricas e unha sesión práctica ou saída de campo:

O programa formativo consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, e busca revalorizar o patrimonio cultural, social e ambiental da zona, concienciar á sociedade sobre a presenza da ciencia no día a día, e recoñecer o valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias, a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, as seguintes temáticas e calendario:

MODULO I: Patrimonio Social e Cultural:

  • Patrimonio Arquitectónico de Galicia. Prof. Alvaro J. Iglesias. 22 e 29 de xaneiro, de 17 a 19 h.
  • Lingua e Literatura Galega. Prof. Xoán López Viñas. Xaneiro: 23 e 30, de 17 a 19 h.
  • Visita Cultural ó entorno da comarca. 4 de marzo, de 10:30 a 13:30 h.

MODULO II: Medio Ambiente e Sustentabilidade:

  • Enxeñaría e Tecnoloxía Ambiental. Prof. Manuel Soto. 5 e 12 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • Ciencia e Vida. Prof. Jaime Fagundez Díaz. 6 e 13 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • Saída de Campo. Paisaxe na Serra do Xistral. 5 de marzo, de 17 a 19 h.

MODULO III: Saúde e Calidade de vida:

  • Neurociencia. Prof. Carmen de Labra Pinedo. 19 e 26 de febreiro, de 17 a 19 horas
  • Educación para a Saúde dende o Exercicio Terapéutico. Prof. Isabel Raposo Vidal. 20 e 27 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • Sesión práctica exercicio terapéutico. 12 de marzo, de 17 a 19 horas.

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes