A Nova Bauhaus Europea (NEB) é un facilitador da transición verde que ten como obxectivo transformar diferentes sectores económicos, especialmente a contorna construída, para contribuír aos nosos obxectivos climáticos e mellorar a calidade de vida de todos. Pide a todos os europeos que imaxinen e constrúan xuntos un futuro sustentable, inclusivo e belo.
A Nova Bauhaus Europea demostra os beneficios da transformación ambiental a través de experiencias tanxibles a nivel local. Proporciona espazo para a creación e experimentación a partir de:
- Estética, calidade de experiencia e estilo, máis aló da funcionalidade;
- Sustentabilidade, desde obxectivos climáticos ata circularidade, contaminación cero e biodiversidade;
- Inclusión, desde valorar a diversidade e a igualdade para todos ata garantir a accesibilidade e a asequibilidade.
Unha ferramenta moi útil para implementar os principios da NEB en SEALabHaus é o compás: NEB Compass. Esta ferramenta identifica a características clave de proxectos exemplares e as tres posibles direccións de cambio (Xuntos, Sustentable, Bello), con tres niveles crecentes de ambición.