As persoas interesadas en participar no Architectures of the Sea: Atlantic Ocean deberán formalizar a súa inscrición a partir do 1 de abril de 2026.
Autores/as de comunicacións (cota reducida)* 50 € (ata o 31/05/2026)
Autores/as de comunicacións* 100 € (ata o 30/06/2026)
Xeral (sen comunicación) 30 €
Socios/as SEALabHaus Gratis
Todas as modalidades de inscrición dan dereito a asistir a todas as actividades organizadas no marco do congreso (que se irán actualizando na web), a recibir un exemplar do Libro de Resumos, a desfrutar dos coffee breaks programados e a obter un certificado correspondente á modalidade de inscrición seleccionada.
Cea de gala venres 30/10/2026 (opcional) 50 €
O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a través da plataforma de inscrición.
*O pagamento é imprescindible para que a comunicación poida ser presentada no congreso e incluída no Libro de Resumos. No caso de comunicacións con máis dunha autoría, é necesario que polo menos unha das persoas autoras —a que presente o traballo— estea inscrita.